Saturday 27 de April de 2024

A Coruña acenderase este Nadal dun xeito máxico


 

O acendido dos 2.600.000 puntos de luz de Nadal terá lugar este venres ás 19.30 h na praza de María Pita

A alcaldesa da cidade, Inés Rey, e a concelleira de Festas, Diana Cabanas, presentaron esta mañá no consistorio o programa de festas do Nadal 2019 que comezará este venres co acendido “máxico” de luces na praza de María Pita.

O Goberno local quixo que este ano o acendido do Nadal fose un día “máxico e memorable” para todas as coruñesas e os coruñeses. Por iso, este venres ás 19.30 h unha nena ou neno elixida/o ao azar será a persoa encargada de activar os
2.600.000 puntos de luz de led que farán brillar a cidade da Coruña durante a tempada de Nadal. As e os menores de 13 anos que queiran participar deberanse achegar ao concello a partir das 18.00 h e depositar nunha urna un debuxo feito por eles mesmos no que figuren os seus datos persoais para que posteriormente, ás
19.30 h, a alcaldesa elixa ao azar un dos debuxos. A crianza autora dese debuxo será chamada ao escenario con todas as honras para premer o gran botón que acenderá as luces de toda a cidade. O Concello poñerá a disposición dos nenos e nenas material para realizar o seu debuxo en caso de que non o traian feito.

Outra das novidades deste ano será o espectacular vídeo mapping, xamais visto na cidade, que se proxectará na fachada do Pazo de María Pita. “A estrela da ilusión” é o nome da peza, un conto de Nadal no que a súa protagonista é Isabela, unha nena que percorre a cidade da man do seu pai e a través de cuxos ollos

descubrimos o Nadal coruñés. A primeira proxección será este venres ás 19.00 h e repetirase cada hora en punto desde as 20.00 h ata as 23.00 h. O sábado volverán a proxectarse os ditos pases das 20.00 ás 23.00 horas. O espectáculo apostará pola accesibilidade e a sostenibilidade, xa que contará cunha zona especialmente reservadas para persoas con discapacidades físicas e sensoriais.

O mestre de cerimonias desta tarde festiva será o actor Suso Martínez, quen anunciará as diferentes actividades:

• 18.30 h: actuación de maxia a cargo do ilusionista coruñés Román García

• 19.00 h: proxección do vídeo mapping na fachada do concello

• 19.15 h: as nenas e os nenos poderán enviarlle as súas cartas a Papá Noel dun xeito máxico nunca antes visto xa que estas depositaranse nunha cesta que se desplazará nun globo de helio de 3 metros de diámetro que quedará suspendido a 20 metros de altura.
• 19.30 h: elíxese o neno ou a nena protagonista para activar o acendido de luces da Coruña 2019.

Para satisfacer na medida do posible as demandas da cidadanía en materia de iluminación do Nadal, o Executivo local aposta este ano por unha maior presenza de elementos lumínicos na cidade. Nesta campaña haberá un novo deseño da árbore transitable de 20 metros, as luces en arañeiras no Campo da Leña, a esfera de luz da Mariña (este ano ten 2 metros máis de diámetro) e unha bandada de peixes que pasarán por debaixo dunha rede reciclada fabricada polas redeiras de Corme. Pero o protagonista non só é o centro da cidade, este ano a maior parte dos barrios da cidade terán máis arcos, farois e árbores iluminadas: 546 arcos, 133 motivos sobre farois, 67 árbores iluminadas, 1 farol triplo, 2 paraugas de luz con bólas tridimensionais, 4 árbores artificiais de luz de 6 e 8 metros, 6 fachadas, 2 monumentos iluminados, 1 teito de luz, 159 rúas e 15 prazas iluminadas, 6 rotondas e glorietas e 3 parques.

Campaña de Nadal 2019

O programa de actividades deste ano conta con 20 talleres de maxia e 20 espectáculos de marionetas que chegarán a todos os barrios da cidade a través da rede de Centros Cívicos Municipais, o Ágora e o Fórum Metropolitano.

O poboado de María Pita será outro dos protagonistas do Nadal con todo tipo de actuacións infantís de teatro, circo, contacontos, talleres educativos e outros momentos máxicos que se poderán desfrutar do 5 ao 30 de decembro.

Para potenciar e dinamizar o pequeno comercio da cidade, haberá sesións de cine do Nadal no marco dunha campaña en colaboración cos comercios que facilitarán entradas de cine por cada compra superior a 20 euros.

A música tamén ten cabida no Nadal coruñés con diferentes actuacións musicais de arraigo a cargo das nosas entidades culturais, corais e grupos tradicionais que percorrerán as rúas e espazos da cidade como o Ágora, Fórum Metropolitano e o Centro Cívico dos Mallos para amenizar a veciñanza.

PROGRAMA DE PASACALLES

DÍA HORA ZONA AGRUPACIÓN
S 14 de
decembro 19:00 Praza de Lugo – M.ª Pita Xacarandaina
D 15 de
decembro 19:00 Oza – Gaiteira – Praza Corte
Inglés AC Donaire
V 20 de
decembro 19:00 Avda. Hércules – R/ Torre –
Campo da Leña AC Son D’aquí
S 21 de
decembro 19:00 Cidade Vella Asociación de Coros e Danzas
Eidos

X 26 de
decembro 19:00 Os Rosales – Praza Elíptica Coro Cantares Gallegos
V 27 de
decembro 19:00 Os Mallos Asociación de Coros e Danzas
Eidos
D 29 de
decembro 19:00 Matogrande Asociación de Coros e Danzas
Eidos

PROGRAMACIÓN MUSICAL NOUTROS PUNTOS DA CIDADE

DÍA HORA ACTIVIDADE LUGAR AGRUPACIÓN
X 12 de
decembro 19:30 Concerto Fórum Metropolitano AA.VV. Oza Gaiteira Os
Castros – Xebre
S 21 de
decembro 19:30 Concerto Fórum Metropolitano Xacarandaina – Os do
fondo da barra
X 26 de
decembro 19:30 Concerto Ágora Amizades
V 27 de
decembro 19:30 Concerto Parroquia San Fco.
Javier Coro Xogos Tonais
S 28 de
decembro 19:00 Concerto C. C. Os Mallos La Trova Coruñesa
L 30 de
decembro 19:30 Concerto Ágora Follas Novas
Orfeón Herculino